El Progreso recibe un premio na gala anual do fútbol sala galego


Etiquetas: El Progreso, Burela FSF, fútbol sala, premios e distincións

21/09/2013 - El Progreso (Lugo)

El Progreso de Lugo recibiu onte o premio ao mellor labor informativo durante a terceira gala anual do fútbol sala galego, que tivo lugar onte no edificio multiusos da Xunta de Galicia en Lugo. O premio recolleuno o xefe de deportes, Luís Ruiz, de mans da delegada provincial da Xunta, Raquel Arias.

Neste mesmo acto, tamén tivo o seu recoñecemento o Burela como mellor club e o lucense Luís Vázquez Rodríguez, cun premio especial á traxectoria deportiva.

A delegada da Xunta reivindicou para o deporte feminino “o mesmo recoñecemento social que ten o masculino en todas as disciplinas e a mesma consideración para os seus éxitos”. A entrega do premio ao Burela FSF serviu a Arias para querer facer visibles “ás moitas mulleres, tanto federadas como afeccionadas, que deixan moi alto o pavillón practicando este deporte”.

Tamén tivo palabras de recoñecemento para todos os clubs de fútbol sala da provincia, femininos e masculinos. “Suman nada menos que 450 e grazas a esta elevada cifra Lugo ten un peso específico nesta modalidade deportiva”, sinalou.

0'0 (0 votos)

Para valorar comentarios debes estar rexistrado.


Acceder Crear usuario

Non podes valorar os teus propios comentarios.



Só podes valorar o comentario unha vez.




Fotos

Luis Ruiz e Raquel Arias (Foto: J. VÁZQUEZ)
Luis Ruiz e Raquel Arias (Foto: J. VÁZQUEZ)